Deseño de xardíns en Negreira

Co noso deseño de xardíns en Negreira creamos o teu paraíso persoal

deseñador de xardíns en Negreira

Confía nun equipo de deseñadores de xardíns para o teu espazo exterior

Marcos somos unha empresa de xardinería na que ofrecemos un servizo integral para o coidado das zonas verdes. Especializámonos no mantemento do céspede e o deseño de xardíns en Negreira, creando espazos únicos que se adaptan á perfección, aos gustos dos clientes e ás particularidades do terreo. Encargámonos de todos os traballos, desde a colocación da malla antiherbas ata a utilización de diferentes elementos decorativos e a plantación de todo tipo de flores ou árbores.

A nosa empresa de xardinería atópase en Negreira, pero ofrecemos os nosos servizos a clientes de calquera punto de Pontevedra e A Coruña, destacando localidades como Dodro, Touro, Padrón, Santa Comba, Bertamiráns, Ames...

Traballamos para crear o xardín dos teus soños, asegurando unha contorna perfecta para complementar o teu fogar. Confía no noso equipo de profesionais e encargarémonos do deseño do teu xardín perfecto.

Contactar

Que plantamos para facer especial o deseño do teu xardín?

Plantas

As plantas son, sen dúbida, as raíñas de todo xardín. Son as encargadas de encher de cor, vida e frescura os espazos verdes. Como deseñadores de xardíns en Negreira encargámonos de atender as túas demandas e de asesorarte de maneira totalmente personalizada para atopar as plantas idóneas para decorar o teu xardín.

Dependendo do clima, a exposición solar ou a cantidade de terreo que teñas, será idóneo incluír un tipo de planta ou outro no deseño do teu xardín.

Árbores

Buscas un deseño de xardíns con árbores froiteiras? Nós creámolo para ti! A plantación de árbores froiteiras en espazos verdes axudan non só a embelecer a zona, senón que tamén achegan un beneficio práctico e sostible. Seleccionaremos as especies máis adecuadas para o teu terreo, asegurando a correcta integración e crecemento no terreo.

Se queres que no deseño do teu xardín en Negreira cremos un lugar cheo de vida, sabor e cor, non dubides en contactar co noso equipo de profesionais.

Arbustos

Engadir arbustos na creación de xardíns cumpre unha función estética pero, tamén, práctica. Desde Marcos recomendamos incluír estes elementos para axudar a definir os diferentes espazos dentro dun xardín, xa que serven como separadores naturais que poden achegar privacidade.

Os arbustos, que ofrecen variedade de follaxe, texturas e cores, non requiren un gran mantemento, polo que son os elementos perfectos para calquera tipo de xardín.

colocar malla antiherbas en Negreira

Un imprescindible en cada traballo: colocamos malla antiherbas en Negreira

Un dos pasos principais para o deseño de xardíns é a colocación de mallas antiherbas, elemento fundamental para manter a estética e a saúde dos espazos verdes. Poñer a malla antiherbas é esencial porque impide que crezan as malas herbas que competirán coas túas plantas, árbores ou arbustos por nutrientes, auga e luz.

Ao utilizar esta malla tamén facilitaremos o mantemento do xardín, xa que se reduce a necesidade de eliminar de maneira manual estas herbas que crecen sen control. Ademais, este elemento é ideal para conservar a humidade na terra, o que minimiza a necesidade de regar frecuentemente.

Queres lucir un xardín limpo e ordenado? Non dubides en solicitar aos nosos xardineiros a colocación de mallas antiherbas en Negreira ou na localidade na que se atope o teu espazo verde. Traballamos para que poidas gozar da túa zona exterior a diario!

Utilizamos elementos de calidade para que a nosa creación de xardíns sexa impecable

Rocallas
Pedra volcánica
Grava miúda
Bordos

Rocallas

Como deseñadores de xardíns en Negreira especializámonos en crear rocallas, estruturas con rocas e pedras que se combinan con diferentes plantas para embelecer o espazo con distintas texturas e cores. Normalmente, neste tipo de elementos inclúense plantas suculentas e especies alpinas, perfectas para crecer entre rocas.

En Marcos apostamos polas rocallas para aproveitar espazos nos que o cultivo é difícil.

Pedra volcánica

Engadir pedra volcánica no deseño do teu xardín ten dous obxectivos: estético e funcional. A textura e a cor escura deste tipo de pedra é perfecto para contrastar coas cores verdes das plantas ou brancos, rosas, vermellos... das flores.

Funcionalmente, a pedra volcánica é un elemento perfecto para reter a humidade, o que é idóneo para conservar a humidade na terra e, por tanto, reduce a necesidade de rega frecuente.

Grava miúda

A grava miúda está composta por pedras trituradas e converteuse nun elemento moi utilizado na creación de xardíns.

Ademais de impedir que crezan as malas herbas, a grava miúda é idónea para mellorar a drenaxe do chan e para protexer as raíces das diferentes plantas. Ademais, este elemento é económico e duradeiro para crear nas zonas verdes espazos de descanso, camiños ou carreiros ao redor das plantas ou árbores.

Bordos

No noso servizo de deseño de xardíns en Negreira tamén nos especializamos na creación de bordos, opción práctica para delimitar diferentes zonas dentro do espazo verde.

Estes elementos tamén son idóneos para protexer as plantas e son unha técnica que en Marcos utilizamos para achegar organización e coherencia á hora da creación dun xardín. Utilizamos diferentes materiais para adaptarnos ao contorno natural e axudar a mellorar a estética do espazo.

creación de xardíns en Negreira

Confía en profesionais e asegura un xardín de revista

Para o deseño de xardíns en Negreira, os profesionais que formamos Marcos, contamos con maquinaria propia, o que nos permite optimizar os tempos de execución de cada un dos proxectos. Esta vantaxe fronte a outras empresas de xardinería, fai que podamos empezar os proxectos nun prazo de 15 días, unha vez que o orzamento foi aceptado polo noso cliente.

A duración dos traballos para a creación de xardíns, entre os que incluímos a limpeza do espazo, colocar malla antihierbas, plantar, sementar..., depende do tipo e a complexidade do xardín.

Se estás a buscar unha empresa equipada e preparada para crear o xardín perfecto para ti, non dubides en poñerche en contacto co noso equipo. Garantimos unha resposta rápida, eficiente e personalizada. Contamos con xardineiros con moitos anos de experiencia, polo que podemos encargarnos de crear a zona verde coa que sempre soñaches.

Lembra que, a pesar de que a nosa empresa está situada en Negreira, ofrecemos os nosos servizos de xardinería en diferentes localidades de Pontevedra e A Coruña. Podemos destacar o volume de clientes que temos en municipios como Dodro, Touro, Padrón, Santa Comba, Bertamiráns, Ames...

Xardineros en Negreira

Queres contratar o noso servizo de deseño de xardíns en Negreira?

Solicita agoa o teu orzamento!

Somos deseñadores de xardíns en Negreira. Se queres lucir un espazo verde perfecto e coidado, non dubides en confiar no equipo de Marcos. Encargámonos de todos os pasos, desde a limpeza do terreo ata a plantación, pasando, por exemplo, por colocar mallas antiherbas. Solicita un orzamento á túa medida á nosa empresa de xardinería!

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.